A noite xa pasou: a web volveu ao seu aspecto de sempre. Vémonos no próximo Halloween.
Edición especial de tempada
Esta noite,
SifG22
disfrázase.
Do 10 de outubro ao 3 de novembro, a web énchese de arañeiras, pantasmas e cabazas. Algunhas están á vista. Outras, non tanto.
Hai sete cabazas agochadas nesta páxina. Atópaas todas para abrir a cripta.
Os disfraces deste ano
Os nosos produtos
tamén se disfrazan.
Disfrazado de cámara escura
Baixa a temperatura, sube o contraste e proba un filtro: as fotos dos teus disfraces, con ton de película de medo.
Ver produtoDisfrazado de máquina recreativa encantada
Apaga a luz e empeza unha partida a un clásico. Os mellores sustos sempre foron en 8 bits.
Ver produtoDisfrazado de detective de caramelos
Escanea as lambetadas do botín e descobre que ingredientes e aditivos se agochan en cada bolsa.
Ver produtoDisfrazado de bóla de cristal
Mira a predición por horas da noite do 31 antes de saír a por caramelos. Por se a néboa é de verdade.
Ver produtoDisfrazado de profesor pantasma
Aprende de onde vén todo isto: do Samhain celta ao Samaín galego, cando se tallaban nabos e cabazas.
Ver produtoDisfrazado de libro maldito
Busca unha historia de medo no teu espazo de lectura e léa coa luz xusta. Sen mirar atrás.
Ver produtoDisfrazado de reloxo da medianoite
Apunta a noite do 31 no teu calendario. Que as doce non te collan sen disfrace.
Ver produtoChama á porta
Doce
ou travesura?
Preme o timbre e deixa que a noite decida. Ás veces toca caramelo. Ás veces, non.
A cripta
Pechada a cal
e canto.
Dentro hai algo que non lle ensinamos a calquera. Atopa as sete cabazas agochadas nesta páxina para abrila.
Pista: algunhas están á vista. Outras só se deixan ver cun pouco de luz.
A cripta está aberta
Sete de sete.
Atopaches todas as cabazas. Xa podes saber o que se berra aquí dentro cando ninguén mira:
AUPA SIFG
Outros segredos
0/10Pista: non todo o que se move é decoración.
- Lúa de sangue
- Palabra de pantasma
- A lanterna
- O código secreto
- A araña do póster
- Alguén na xanela
- A pantasma tímida
- Ollos cansos
- Tinta invisible
- Cabaza mareada
Atascácheste? Ver pistas
Cabazas
- Pegada ao título da páxina, coma o punto final de «Halloween».
- Camuflada no laranxa do póster BOO, abaixo á esquerda.
- Ao final de «DOCE / TRAVESURA / SUSTO», baixo o póster.
- Xunto a «Os disfraces deste ano»: tamén quería disfrazarse.
- Chama á porta… e fíxate no pomo.
- Dentro da resposta a «Gárdanse as cabazas que atopo?».
- Ao final de todo, xunto a «Feito á luz dunha cabaza».
Segredos
- Toca a lúa do póster tres veces seguidas.
- Escribe «boo» co teclado. No móbil, toca tres veces a B do póster.
- Ao final da páxina hai un farol: acéndeo.
- Teclea ↑ ↑ ↓ ↓ ← → ← → B A. No móbil, esvara o dedo arriba, arriba, abaixo, abaixo, esquerda, dereita, esquerda, dereita.
- Unha araña colga dun fío no póster: dálle un toque.
- Toca a xanela redonda da porta de «Doce ou travesura?».
- De cando en vez unha pantasma asómase polo bordo dereito da pantalla. Atrápaa.
- Deixa o póster á vista vinte segundos sen tocar nada.
- Baixo o póster hai unha frase en tinta invisible: selecciónaa ou ilumínaa co farol.
- Preme cinco veces seguidas a cabaza da barra de arriba.
Atopaches todos os segredos. Nin as pantasmas coñecen esta páxina tan ben coma ti.
Antes da medianoite
Preguntas
de medo.
Ata cando dura a decoración?
Ata o 3 de novembro, incluído. Despois, a web volve soa ao seu aspecto de sempre.
Podo quitar a decoración?
Si. Preme a cabaza da barra de arriba, á dereita, ou o botón do final desta páxina. Lembraremos a túa elección neste dispositivo; vólvea premer para acendela outra vez.
Gárdanse as cabazas que atopo?
Si, no teu navegador. Podes pechar a páxina e seguir buscando máis tarde. Non enviamos nada a ningún servidor.
Hai algo máis agochado?
Pode. As pantasmas teñen unha palabra favorita: proba a escribila. A lúa tamén garda un segredo. E se che gusta a escuridade, busca a lanterna.
Feliz Halloween